Os nosos ríos: San Lázaro

 

Nace no macizo central ourensán, na serra de Queixa, entre Cabeza de Manzaneda a unha altitude de 1.74º metros. Pasa polos municipios da Pobra de Trives e Manzaneda, recibe pola esquerda o regato das Catro Corredoiras e, pola dereita o río Munguidoiro.

Bordea as pintorescas rochas das Forcadas, pasa por Rozavales e o penedo da Escriba e logo pasa por un pequeno embalse de Manzaneda, e pola Mallada de Barbeirón e o regato da Encidiña, Penedo grande e a Paleira. Por último atravesa Encomenda, polo castiñeiro de Pumbariños, a ponte Cabalar, Raigada, o regato da Retorta, a parroquia de Sobrado, Langullo e desemboca no pozo Caneiro.

Como vemos, baixa desde Manzaneda ata desembocar no río Bibei. Ao longo deste percorrido forma un profundo canón no que destacan as fervenzas que se forman. A máis alta ten unha caída de 40 metros.

Sobre a orixe do hidrónimo non se atoparon fontes fiables para establecer a súa orixe. 


 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

El río lorquiano en "La casada infiel"

Os nosos ríos: Bibei