Os nosos ríos: Bibei

O Rio Bibei é un río que se localiza na Comunidade Autónoma de Galicia. Nace no Pico de Monclavo, no Macizo Galaico. Pasa por tres provincias Zamora, Ourense e Lugo. Concretamente atravesa as localidades de P. de Sanabria, Viana do Bolo, Pobra de Trives, Castro Caldelas e Quiroga, o que forma un total de 97 quilómetros de percorrido. 

O Bibei ten varios afluentes como os ríos Camba, Navea, O Conso e o Xames. Finalmente, desemboca no río Sil. 

A orixe do hidrónimo sitúase na Gallaecia bracarense dentro do que son os pobos galaicos prerromanos. Na súa formación aparecen as formas bibalus e bibali, polo que é posible que se producise unha reduplicación de bi-bal, esta última de orixe preindoeuropea que significa, entre outras acepcións “branco”, “cume”, “risco” ou “forte”.

 


 

 Daian, Paulo e Alejandro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Os nosos ríos: Navea

El río lorquiano en "La casada infiel"