Entradas

Os nosos ríos: Fiscaíño

Imagen
Este pequeno afluente do río Bibei nace na parroquia de San Lorenzo, na Pobra de Trives e atravesa esta localidade ata desembocar no río Bibei. A orixe do hidrónimo resulta difícil de establecer polo que, en principio, parece tratarse dunha formación de orixe romance.            Jose, Joel e Sergio 

Os nosos ríos: San Lázaro

Imagen
  Nace no macizo central ourensán, na serra de Queixa, entre Cabeza de Manzaneda a unha altitude de 1.74º metros. Pasa polos municipios da Pobra de Trives e Manzaneda, recibe pola esquerda o regato das Catro Corredoiras e, pola dereita o río Munguidoiro. Bordea as pintorescas rochas das Forcadas, pasa por Rozavales e o penedo da Escriba e logo pasa por un pequeno embalse de Manzaneda, e pola Mallada de Barbeirón e o regato da Encidiña, Penedo grande e a Paleira. Por último atravesa Encomenda, polo castiñeiro de Pumbariños, a ponte Cabalar, Raigada, o regato da Retorta, a parroquia de Sobrado, Langullo e desemboca no pozo Caneiro. Como vemos, baixa desde Manzaneda ata desembocar no río Bibei. Ao longo deste percorrido forma un profundo canón no que destacan as fervenzas que se forman. A máis alta ten unha caída de 40 metros. Sobre a orixe do hidrónimo non se atoparon fontes fiables para establecer a súa orixe.       

Os nosos ríos: Navea

Imagen
O río Navea nace nos altos de Gancedo, na serra de San Mamede no municipio de Laza e pasa polos municipios de Laza, Chandrexa de Queixa, Río e pola Pobra de Trives. Ao longo de seu percorrido de 41 quilómetros recibe a auga dos afluentes Quexeliña, Queixa, Grande e Dorelle. Finalmente, desemboca no río Bibei. A orixe do hidrónimo remóntase aos pobos prerromanos da que se toma a base nav -, que significa “valgada” ou “depresión”.        Natalia, Rubi e Lidia.  

Os nosos ríos: Bibei

Imagen
O Rio Bibei é un río que se localiza na Comunidade Autónoma de Galicia. Nace no Pico de Monclavo, no Macizo Galaico. Pasa por tres provincias Zamora, Ourense e Lugo. Concretamente atravesa as localidades de P. de Sanabria, Viana do Bolo, Pobra de Trives, Castro Caldelas e Quiroga, o que forma un total de 97 quilómetros de percorrido.  O Bibei ten varios afluentes como os ríos Camba, Navea, O Conso e o Xames. Finalmente, desemboca no río Sil.  A orixe do hidrónimo sitúase na Gallaecia bracarense dentro do que son os pobos galaicos prerromanos. Na súa formación aparecen as formas bibalus e bibali , polo que é posible que se producise unha reduplicación de bi-bal , esta última de orixe preindoeuropea que significa, entre outras acepcións “branco”, “cume”, “risco” ou “forte”.      Daian, Paulo e Alejandro.

Os nosos ríos: Cabalar

Imagen
O río Cabalar atópase na Comunidade Autónoma de Galicia, no municipio ourensán da Pobra de Trives. Pasa pola Nogaza, San Lorenzo, A Pobra de Trives e finalmente desemboca no río Bibei. As augas do Cabalar mestúranse no río Bibei coas dos ríos San Lázaro, Bicórama e Fiscaíño. A orixe do hidrónimo é galaica, con base no sufixo –ANTIA, probablemente de orixe indoeuropea prelatina. É posible que que teña a súa base en topónimos relacionados con nomes de animais de orixe latina. Por outra parte, o adxectivo cabalar pode facer referencia a unha pedra cabalar, é dicir, unha pedra que monta sobre outra. Gala Carbajosa Álvarez Lucía González Fernández África Fernández González 1º E.S.O

Os ríos de Rosalía de Castro

Imagen
Obra: Poema "Has de cantar ", incluído en Cantares gallegos Xénero: Poesía Época: Século XIX (Romantismo) Autora: Rosalía de Castro   Reproducimos a continuación o poema "Has de cantar", de Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela en 1837.  I Has de cantar, meniña gaiteira; has de cantar, que me morro de pena. Canta, meniña, na veira da fonte; canta, daréiche boliños do pote . Canta, meniña, con brando compás, daréiche unha proia da pedra do lar. Papiñas con leite tamén che daréi; sopiñas con viño , torrexas con mel. Patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces. ¡Qué ricas que saben! ¡Qué feira, rapaza, si cantas faremos...! Festiña por fora, festiña por dentro. Canta, si queres, rapaza do demo; canta, si queres; daréiche un mantelo . Canta, si queres, na lengua que eu falo. Daréiche un mantelo. Daréiche un refaixo . Co son da gaitiña, co son da pandeira, che pido que cantes, rapaza morena. Co son da

El río lorquiano en "La casada infiel"

Imagen
Obra: Romancero gitano Género: Poesía Fecha de publicación: 1928 Autor: Federico García Lorca       “La casada infiel” es un romance de Romancero Gitano, obra poética publicada por Federico García Lorca en 1928: Y que yo me la llevé al río creyendo que era mozuela, pero tenía marido. Fue la noche de Santiago y casi por compromiso. Se apagaron los faroles y se encendieron los grillos. En las últimas esquinas toqué sus pechos dormidos, y se me abrieron de pronto como ramos de jacintos. El almidón de su enagua me sonaba en el oído, como una pieza de seda rasgada por diez cuchillos. Sin luz de plata en sus copas los árboles han crecido, y un horizonte de perros ladra muy lejos del río. Pasadas las zarzamoras, los juncos y los espinos, bajo su mata de pelo hice un hoyo sobre el limo. Yo me quite la corbata. Ella se quitó el vestido. Yo el cinturón con revólver. Ella sus cuatro corpiños. Ni nardos ni caracolas tienen el cutis tan fino, ni los cristales con luna relumbran con ese brillo. Su